Ed. Infantil. |
Estimadas familias, ante as dúbidas que houbo con esta actividade deixamos a continuación unhas fotografías dos pasos que hai que realizar. Esperamos que vos sexan de axuda e pedimos desculpas por se a actividade non estaba todo o clara que debera ;)
Ingredientes que necesitamos: un vaso de fariña, dous vasos de auga, colorante alimentario e/ou témpera (opcional) e un folio e/ou cartolina. Ademais tamén teremos un recipiente no cal poder facer a mestura. |
|||
Non todo van a ser experimentos, polo que ás veces as mestra tamén nos piden que traballemos algo a lectoescritura, pero, sabedes unha cousa, hai formas moi divertidas de poder facelo, como esta actividade que nos pediron. Tíñamos que buscar diferentes obxectos que comezasen o seu nome pola mesma inicial do noso propio nome ou do nome da persoa que nós elixíramos. Estes son os resultados. |
|||
Xa hai uns días que comezou a primavera, e as mestras propuxéronnos facer unha composición da mesma con obxectos naturais, se era posible, ou senón con calquera outro obxecto que a nós se nos ocurrise. Estas son as nosas creacións: Amelia, fixo a súa composición con papeis de cores. |
|||
A continuación deixámosvos un vídeo con algunhas das fotografías que nos enviáchedes. Algunhas das actividades foron propostas polas mestras e outras fíxoas o noso alumnado por iniciativa propia. Esperamos que vos guste. |
|||
O 2 de abril celebramos o Día Mundial da Concienciación do Autismo. Aquí vos deixamos o vídeo que realizamos coas fotografías dos corazóns azuis que nos mandáchedes. Esperamos que vos guste moito. |
|||
Mateo, da clase de 3 anos, pasouno tan ben debuxando o seu arco da vella que quixo facer outro, un pouquiño máis grande, para colgar na parede do salón da súa casa. Mirade que bonito lle quedou. |
|||
Todos os días as mestras nos propoñen facer un reto de super heroes: comezamos lavando as mans, debuxando o virus nunha das nosas manciñas para ver se ao longo do día éramos capaces de borralo, tamén lemos algún conto, creamos o noso propio virus, etc., e como bos super heroes tamén tivemos que facer un zume de laranxa e..., tomalo!! Pois como ben sabemos a vitamina C vainos moi ben para fortalecer as nosas defensas. Aquí vos deixamos algunhas das fotografías que nos foron chegando. Esperamos que vos gusten. |
|||
A semana pasada as mestras propuxeron como actividade facer pompas de xabón. Para poder facelas necesitábamos: |
|||
A semana pasada propuxemos como actividade que cada neno debuxase ou crease o virus como el desexase. Estas son algunhas das fotografías que nos ides enviando. Amelia, da aula de tres anos, enviounos a maqueta do seu virus. |
|||
Hai algúns compañeiros que nos van enviando algunhas fotografías dalgúns traballos que van facendo, pola súa conta. Deixámosvos con algunhas fotografías das que nos mandaron. Zeltia, da aula de 5 anos, creou a súa propia mascarilla para protexerse contra o COVID-19 |
|||
Hoxe é o último mércores do mes de marzo e, sabedes que tocaba facer na escola?.... SIIIIII, os aniversarios dos nosos compañeiros e compañeiras. Polo de agora non estamos indo á escola, pero sen a vosa felicitación non quedades. |
|||
Boas familias! Aquí vos deixo un pequeno taller de estimulación da linguaxe oral, pensado para desenvolver na casa cos nenos e nenas da etapa de Educación Infantil. Ánimo, e que o desfrutes xuntos. Recordovos o correo que estamos empregando estes días por se necesitades resolver dúbidas, consellos, orientacións ou ideas. orientacionabanqueiro@gmail.com Calquera cousiña estamos en contacto. Un saúdo: A mestra de Audición e Linguaxe Bea. |
|||
A semana as mestras propuxéronos facer unha actividade moi chula para evitar que os virus entrasen nas nosas casas. A actividade consistía en facer un Espantavirus e logo colgalo na porta da casa ou nunha ventana. Para iso necesitamos: |
|||
Outra das actividades que propuxemos a semana pasada foi descubrir como funcionan os virus, e ver así cal é a importancia do lavado das mans.
|
|||
A semana pasada propuxemos como actividade facer diferentes experimentos. Aquí vos deixamos algunhas das fotografías que nos enviaron as familias do ben que o pasaron os nosos alumnos e as nosas alumnas facendo plastilina caseira. |
|||