Blogues

DRESSING UP FOR CARNIVAL

Boas familias,

Hoxe en 3º de primaria rematamos a unidade 3 sobre a roupa xogando ao "Impostor". Cadaquén disfrazouse cos accesorios que quixo sobre o vocabulario desta unidade e a través da estructura gramatical "Is he/she wearing...? Yes, he/she or No, he/she isn't" o alumnado debía adiviñar quen era o impostor. 

Pasamos un rato divertido e puxemos en práctica todo o aprendido durante estas sesións previas. Aquí vos deixo unha pequena mostra.

DÍA DA PAZ 2024

 

O pasado día 30 conmemoramos no noso centro o Día da Paz e a non Violencia.

Con tal motivo, xuntámonos no patio para cantar todos xuntos a canción Loviu de Sandra Valero, concursante de Eurovisión Junior.

E si chove que chova!

 

Desde o Equipo de Patios queremos compartir con tod@s neste enlace as melloras nas distintas zonas comúns do noso centro. 

Programa de Televisión "Pim Pam Experimenta"

 

A continuación deixámosvos o capítulo do programa "Pim Pam Experimenta" onde participa o alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro:

https://xabarin.gal/videos/detail/106694-pim-pam-experimenta

  

ONE EURO CHALLENGE

O alumnado de 5º de primaria participou no seguinte reto:

"Cadaquén tiña que mostrar cousas que puideran mercar cun euro"

Parabéns para todos, estou moi orgullosa do voso traballo!!

Déixovos o vídeo a continuación:

LEARNING STATIONS

Este curso continuamos poñendo en práctica as estacións de aprendizaxe (learning stations) onde adicamos unha estación a cada unha das 4 destrezas: listening, reading, writing and speaking. O resultado é sempre moi positivo.

Nesta ocasión o alumnado de 4º de primaria está repasando as horas e as rutinas diarias.

CHRISTMAS DECORATIONS


Durante estas últimas semanas de clase, o alumnado de primaria estivo facendo distintas actividades para decorar o centro:

o alumnado de 1º e 2º de primaria fixo unhas bolas de neve,

o de 3º e 4º unhas guirnaldas con teas e

o de 5º e 6º uns calcetíns de Nadal (Christmas Stockings), que eles mesmos recortaron e coseron empregando restos de teas, continuando así co proxecto de centro deste curso baseado na reciclaxe e bo uso dos recursos.

Festival Nadal 2023

 

A continuación tedes o enlace a todos os vídeos das actuacións do alumnado. Por favor facede un uso resposble destes documentos.

Felices Festas e Feliz 2024!

Cross Xogade

 

O pasado 30 de novembro o alumnado participou no Cross de Xogade no Campo da Alta da Pobra do Caramiñal. A continuación tedes o álbum coas fotos e vídeo do evento.

25N

 

Aínda que tarde compartimos por aquí as fotos da celebración do 25N en contra da violencia de xénero.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL.

Dende o Equipo de Biblioteca deixámosvos unhas recomendacións lectoras para agasallar este Nadal.

BO NADAL!

Agrupamentos de Centros Escolares (Ministerio de Educación)

 

Agrupacións de Centros Educativos.

 

O pasado 14 de novembro, publicouse a Resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se conceden axudas destinadas a promover agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva, a innovación educativa e a creatividade.

 

Entre os proxectos seleccionados atópase o presentado polos centros CEIP Plurilingüe de Abanqueiro (Boiro), o CEIP Marícas Picavea (Santoña) e o CRA Río Tajo-José Manuel Oviedo (Alcolea de Tajo), que actúa como coordinador.

 

O noso proxecto: "Desde nuestros colegios nos proporcionamos las herramientas para ser ciudadanos y ciudadanas del Mundo", ten como exectivo xeral compartir estratexias e instrumentos dirixidos a fomentar e fortalecer un modelo de escola inclusiva, que partindo do próximo, da nosa cultura e das nosas tradicións, adentre ao noso alumnado no mundo, apostando pola sostibilidade, fortalecendo eos cauces de participación da comunidade educativa en sentido amplo e empregando as metodoloxías pedagóxico-artísticas que proporciona o programa MUS-E (do que tamén participamos) para fomentar a creatividade e a integración.

 

Estamos convencidos  de que este proxecto de traballo conxunto, ao longo dos cursos, vainos permitir intercambiar experiencias se boas prácticas, e vai permitir ao alumnado de cada colexio convivir e compartir co nenos e nenas doutros centros; e tamén estamos seguros de que neste proxecto imos contar coa colaboración e complicidade de todos os sectores das nosas comunidades educativas.

 

THANKSGIVING

Na última semana de novembro, na área de Arts, conmemoramos o Día de Acción de Grazas, Thanksgiving, tradición americana que o noso auxiliar Sean nos explicou en que consiste e como a celebran en Florida, na súa cidade de orixe.

     

Informacións varias do Concello

Magosto 2023

 

O pasado mércores 15 de novembro celebrámolo Magosto. O tempo aguantou e grazas a colaboración das familias pasamos un día estupendo comendo castañas e xogando. A continuación as fotos da festa.

Distribuir contido