blogue defran.alonso

Vídeo para as Letras Galegas

Co fin de celebrar o Día da Letras Galegas (neste Mes da Letras), convocamos a todo o alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro a participar nun pequeno traballo en vídeo.

O alumnado ten que escoller unha palabra en galego que empregue algún dos seus avós ou avoas e que lle pareza: curiosa, bonita, simpática, importante...

Terían que gravar un minivídeo do neno ou nena de 2 ou 3 segundos onde só digan esa palabra (poden só dicila ou, se teñen posibilidade: sinalala, amosala, representala, poñela, facer unha super-mini-rima, debuxala, cantala, bailala...).

Reapertura do prazo de matrícula

A Resolución do 5 de maio de 2020 (DOG 6/5/2020) establece a

reapertura do prazo de matrícula dende o 11 ata o 18 de maio.

Temos problemas co porteiro automático e o persoal pode que esté facendo outro tipo de traballos fóra da oficina, noutras dependencias do centro. Sería convinte que concertasen cita e/ou avisasen con antelación de que se presentarán no centro para evitar que estén agardando bastante tempo fóra do portal.

ESTO É SÓ PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO NO CENTRO

Graciñas e desculpen as molestias.

¿Tés problemas para enviar vídeos por correo electrónico?

Enviar vídeos por correo electróncio non é tan sinxelo como en principio pensamos.

Todos os clientes de correo (Gmail, Outlook, Yahoo...) teñen limitacións á hora de enviar arquivos axuntos polo que enviar un vídeo de 1 minuto feito cun móvil actual que pode chegar a pesar 100MB non sería posible.

Para isto o que temos que facer é "compartir" ese vídeo unha vez que o temos subido nunha plataforma.

Hai dous xeitos bastante sinxelos (sempre que teñamos boas conexións):

1. A través de Google Drive.

Os xogos e actividades "Adobe Flash" non funcionan no móvil ou na tablet

Puffin Browser

Algunhas das actividades que hai por internet están feitas con Adobe Flash, unha linguaxe que xa non soportan os dispositivos Android, polo que as tablet e os móviles xa non poden amosar este tipo de contidos aínda que descarguemos o complemento que se nos pide.

Afortunadamente, na actualidade, existen navegadores para Android que soportan os xogos, actividades e páxinas web feitos con Adobe Flash. Este é o caso do Navegador Web Puffin.

Ante os problemas que se veñen producindo con hackers e roubos de informacions dos ordenadores

Hacker

Os ataques de hackers son algo habitual, acentuado polo grande uso que se lle está dando a estas aplicacións, pero pode ser evitado en grande medida seguindo os consellos habituais de seguridade á hora de facer unha videoconferencia:

¿Como facer que os arquivos ocupen menos e consuman menos datos?

Ás veces, cando enviamos arquivos por correo electrónico, os arquivos son pesados e ocupan moito polo que é complicado envialos ou recibilos.

Vouvos a deixar dous xeitos de comprimir arquivos para cando tedes que enviar un PDF ou se tedes que enviar unha fotografía.

COMPRIMIR UN PDF

Existen varia ferramentas. A que vou vou a deixar aquí é unha ferramenta "online" de ILovePDF - Compress.

Só tedes que ir á páxina (por exemplo, premendo na ligazón) e seguir os pasos indicados:

Pautas de enfrontamento psicolóxico

A Consellería vén de publicar un manual de enfrontamento psicolóxico para a situación, que publicamos como documento axunto.

Agardamos que lles sexa de utilidade.

Correos de contacto dos mestres

Correos de contacto cos mestres

Durante estes días, para porse en contacto cos mestres e mestras para obter axuda ou solicitar corrección de exercicios son os que seguen:

 

Axudas compensatorias para alumnado con condición de gratuíto ou de pagamento de 1€ no comedor

Acaban de saír publicada (hoxe, día 30 de marzo) a Convocatoria de axudas para compensación de gastos de manutención (producidos polo COVID-19) para os usuarios de comedor con condición de gratuíto ou de pagamento de 1€.

Resumo:

¿Como facer unha videoconferencia en grupo?

Para facer unha videoconferencia en grupo existen moitos programas pero tedes á vosa disposición un moi sinxelo: Jitsi Meet

Hai dúas formas de empregala:

1 DENDE O MÓVIL

Se tés unha Tablet/Ipad, igual non é necesario imprimir

Se tedes unha tablet Android ou un Ipad na casa, igual non tedes que imprimir os arquivos en PDF.

Hai aplicacións, algunhas gratuítas, que permiten pintar, debuxar e escribir sobre os arquivos PDF.

A continuación déixovos unha ligazón para descargar unha delas (totalmente gratuíta e funcional) que de seguro que vos gustará, pois a min sacoume de moitos apuros. Unha vez que focedes uns minutos nela, veredes que é bastante sinxela de empregar.

XODO

Hai outros tamén gratuítos, escollede o que máis vos guste.

Problemas de impresión dalgún PDF

Para os que teñen problemas de impresión das fichas, estamos intentando corrixir este erro.

De todos xeitos, á hora de imprimir, asegurádevos de que tedes seleccionada a impresora correcta, de que a saída de papel é A4 e de ter accionada a opción "axustar a páxina" ("axustar páxinas grandes"... ou outra similar; pois dependendo: do equipo, sistema operativo, impresora... pode variar)

Desculpen as molestias. ¡Isto colleunos por sorpresa a todos!

Un saúdo.

Actividades durante o peche na casa

Durante este días convídovos a que entredes no Blogue de Educación Musical (O Chifro)

Estivo un pouco parado debido ao volume de traballo pero irei poñendo alí algunhas indicacións de cara a estes días.

¡Saudiña e ánimo!

Alumnado PROA

Lembrade que aínda que estamos en Estado de Alarma, a partir deste luns 16, están canceladas as clases en modo presencial pero SEGUEN EN MODO TELEMÁTICO.

Como xa dixemos, empregaremos o Jitsi Meet por se o máis sinxelo de uso e cun bo funcionamento. Non require altas de usuario nin ter que decer datos.

Conectarédesvos os mesmos días que íades en presencial e á mesma hora e, para facilitar o traballo a distancia, tenderemos a orientar as actividades a unha participación máis oral.


A aula de conexión será "PROAAbanqueiro", estade atentos ao Abalar por se necesitáramos modificala.


Moita súde para todos e que non vos pase nada malo.

Alumnado PROA - RefórzaT

Lembrade que aínda que estamos en Estado de Alarma, a partir deste luns 16, están canceladas as clases en modo presencial pero SEGUEN EN MODO TELEMÁTICO.

Como xa dixemos, empregaremos o Jitsi Meet por se o máis sinxelo de uso e cun bo funcionamento. Non require altas de usuario nin ter que decer datos.

Conectarédesvos os mesmos días que íades en presencial e á mesma hora e, para facilitar o traballo a distancia, tenderemos a orientar as actividades a unha participación máis oral.


A aula de conexión será "PROAAbanqueiro", estade atentos ao Abalar por se necesitáramos modificala.


Moita súde para todos e que non vos pase nada malo.

Distribuir contido