blogue dearanchapernas

VISITA AO OBRADOIRO DE EMPREGO DE HOSTALARÍA

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria desprazouse o pasado venres ao centro de Espiñeira, onde ten lugar o Obradoiro de Emprego de Hostalaría de Boiro.

Alí puidemos ver como os alumnos do centro aprenden a desenvolver diferentes traballos, coma coidar a unha persoa no seu domicilio ou coidalo se se atopa ingresado nun hospital.

Tamén aprendemos a facer palmeriñas e boliños de pan. Asistimos a unha charla sobre alimentación sa e equilibrada e levamos a cabo distintas actividades.

Visitamos as cociñas e degustamos un saboroso almorzo saudable.

FESTIVAL DE NADAL 2019 - INFANTIL 3 e 5 ANOS - FUCHES TÚ

Aquí vos deixamos as actuacións do noso Festival de Nadal. 

Comezaron os máis pequenos, o alumnado de infantil de 3 e 5 anos, que interpretou a canción "Fuches tú".

FESTIVAL DE NADAL 2019 - INFANTIL 3 e 5 ANOS - FUCHES TÚ

Aquí vos deixamos as actuacións do noso Festival de Nadal. 

Comezaron os máis pequenos, o alumnado de infantil de 3 e 5 anos, que interpretou a canción "Fuches tú".

INFANTIL 4 ANOS - NUBES

O alumnado de infantil de 4 anos representou a canción "Nubes".

INFANTIL 5 ANOS - RUDOLPH

O alumnado de infantil de 5 anos interpretou a canción en inglés "Rudolph".

1º e 2º EP - FELIZ NAVIDAD

O alumnado de 1º e 2º de primaria representou a canción "Feliz Navidad".

3º EP - OS NOSOS CONTIÑOS

O alumnado de 3º de primaria representa a obra "Os nosos contiños".

2º EP - WHEN SANTA GOT STUCK UP THE CHIMNEY

O alumnado de 2º de primaria interpreta a canción en inglés "When Santa got stuck up the Chimney".

3º EP - NADAL EN LUÍNTRA

O alumnado de 3º de primaria interpreta a canción "Nadal en Luíntra".

JULIA e JULIANA - CON CALMA

As alumnas de 6º de primaria, Julia e Juliana, bailan a canción "Con calma".

4º EP - METIDO NUN OVO

O alumnado de 4º de primaria interpretou a canción "Metido nun ovo"

5º e 6º EP - PELO ROXIÑO

O alumnado de 5º e 6º de primaria interpretou a canción "Pelo roxiño".

BADALADAS DE FIN DE ANO

Para rematar a festa, todos comemos gusanitos ao ritmo das badaladas de Fin de Ano.

VISITA DE PAPÁ A NOEL A ABANQUEIRO

Esta mañá recibimos a visita de Papá Noel no noso cole, que agasallou a todas as nenas e nenos de infantil con gusanitos e aos de primaria con caramelos. Todos tiveron a oportunidade de compartir con el os seus desexos para Nadal.

Aproveitamos a ocasión para desexarvos unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo.

MURAL COLABORATIVO eTwinning Project: OUR WORLD, MY WORLD

Este ano estamos traballando duro no noso proyecto eTwinning: Our World, My World. Despois de escoller o logo agora fixemos un mural colaborativo onde participou todo o alumnado do centro.

As alumnas e alumnos de infantil fixeron o mar e as nubes empregando para iso distintas técnicas e materiais.

As alumnas e alumnos de 1º, 2º e 5º de primaria adicáronse á sección das plantas.

As alumnas e alumnos de 3º e 4º de primaria deron forma aos animais.

As alumnas e alumnos de 6º elaboraron a parte dos humáns.

Distribuir contido