Ed. Infantil.

Sementando

Xa hai uns días que as mestras nos deixaron o conto Aínda nada de Kalandraka, no cal o señor Luís cavaba un burato enorme na terra e plantaba unha semente. Todos os días ía mirar se a semente brotaba. Ata que un día... naceu unha fermosa flor que..., levou o paxaro!, e cando o señor Luís foi a mirar volveu a dicir AíNDA NADA!

Despois deste conto, as mestras deixáronos unha actividade ben chula, pedíronnos que nós tamén plantásemos unha semente. Se queredes ver os resultados clicade no vídeo e veredes os nosos resultados.

Entre pegadas anda o xogo.

Encántanos facer deporte! Por iso as mestras de infantil nos deixan, de vez en cando, algunha tarefa na cal nos piden que movamos o esqueleto.

Desta vez a actividade chamábase ENTRE PEGADAS ANDA O XOGO, e consistía en facer diferentes circuítos coas pegadas das mans e dos pés. Clicade no vídeo e mirade que ben o pasamos!!

 

Sacapenas

Xa fai uns días, a profe Mari deixounos no blogue o conto Sacapenas, de Kalandraka.

Acordádesvos de Bieito e de todas preocupacións que tiña? A Bieito preocupábanlle os sombreiros, os zapatos, as nubes, a chuvia, os paxaros xigantes,...

Acordádesvos tamén do que pasou o día que foi durmir á casa da súa avoa? O pobre Bieito estaba tan preocupado que non podía durmir!!

Cociñando palabras á mariñeira.

COCIÑANDO PALABRAS Á MARIÑEIRA.

5º Educación Infantil

Ariana

1 de maio Día do Traballo.

O 1 de maio celébrase o Día do traballo.
Este ano, e dada a situación que estamos vivindo, o alumnado de infantil do CEIP de Abanqueiro, quixo facer unha pequena homexane a todas aquelas persoas que cada día teñen que saír a traballar,  para así animalos e darlle as grazas polo seu esforzo.

Súper Heroe

Xa case hai dous meses que o Coronavirus cambiou as nosas rutinas.

Durante este tempo, os nenos de infantil do CEIP de Abanqueiro, convertímonos en súper heroes para poder vencelo, e xa o estamos conseguindo!!

A continuación deixámosvos algunhas historias que inventamos para poder vencer, entre todos, ao Coronavirus así como algunhas fotografías das actividades que

fomos facendo. Esperamos que vos guste.

Aniversarios do mes de Abril

Hoxe é o último mércores do mes de marzo e, sabedes que toca?.... SIIIIII, os aniversarios dos nosos compañeiros e compañeiras.


Maracas

Coma todas as semanas, as mestras propuxéronos unha actividade musical. Desta vez tíñamos que confeccionar unhas maracas. 

Deixámosvos cunha serie de fotografías quue demostran o ben que o pasamos fabricándoas e tocándoas.

Ao final teredes unha pequena sorpresa!!!

   

Actividade do ourizo e das púas.

A semana pasada as mestras deixáronnos unha actividade moi chula, na cal o protagonista era un ourizo.

A aula de tres anos púxolle de nome Coidado coas miñas púas, non te piques. A actividade consistía en poñerlle ao ourizo tantas púas como marcaba o dado.

Córtalle as uñas a Carabuñas.

A semana pasada celebramos o Día do libro, e as mestras deixámosvos un enlace do conto de Carabuñas

Acordádesvos dese bruxo que non quería cortar as uñas?

Logo de ver o conto, propuxémosvos que vós tamén fixésdes as mans de Carabuñas cunhas uñas moi longas para poderlle facer despois a manicura.

A continuación deixamos un vídeo con algunhas das fotografías que nos mandástedes. Esperamos que vos guste.

Leite de cores

LEITE DE CORES

Queremos encher o blogue de contos!!!

Esta semana, que hoxe remata, celebramos O DÍA DO LIBRO.

As mestras de infantil propuxémosvos encher o noso blogue de contos.

Para iso cada un de vós tiña que gravar un vídeo lendo un conto.

Os primeiros xa comezaron a chegar.

Esperamos que vos gusten moito.

Xogos populares.

A semana pasada propuxemos como actividade que lle preguntásedes aos maiores que vos rodean a que xogaban eles e elas cando eran pequenos e pequenas.

A idea era que eles e elas vos contasen as súas formas de divertirse cando eran cativos e cativas, e que vós as levásedes tamén a cabo.

A verdade é que a actividade debeu gustarvos moito. Estamos seguras de que o pasáchedes xenial facendo os xogos populares.

Fotos do noso alumnado na actividade coas mans na masa.

A semana pasada as mestras propuxéronos facer unha actividade moi divertida. Tíñamos que pintar con ... fariña!!!

A verdade é que nos estrañou, pero despois de investigar un pouco e sobre todo despois de experimentar moito, os resultados foron os seguintes:

"Obra de teatro" sobre o coronavirus.

Hoxe deixámosvos unha "obra de teatro" moi especial. Está dirixida, producida e representada polo noso compañeiro Eloi, da clase de cinco anos. Esperamos que vos guste moito.

Distribuir contido