Actividades Normalización |
Bo día amig@s! O pasado 29 de Xaneiro celebramos o día da Paz no colexio, colgamos do teito un feixe de paraugas decorados polo alumnado así como de todo o persoal do centro. Deles penduran mensaxes de paz e amor en forma de pingas. |
|||
O APALPADOR |
|||
MAGOSTO 2020 |
|||
Aquí achegamos os premiados deste I CONCURSO DE "CONTOS DE MEDO NO SAMAÍN". Grazas pola gran participación dos nenos e nenas de 4º,5º e 6º de E.P.!!! Este ano os premiados foron: 4º E.P. "O Misterio de Malic" por Carla Rodríguez Fernández. 5º E.P. |
|||
Os pequn@s de 6º de E.I. quérennos meter medo con esta máscara super chula que crearon! Aí vai.... |
|||
Bo día a todos! Aquí vos deixamos uns vídeos do día de Samaín. Os nen@s de infantil decoraraon as portas das súas aulas e elaboraron unhas máscaras que meten medo. Os nenos de primaria pintaron as súas propias catrinas e traballaron en diversas unidades didácticas da temática. |
|||
Bo día amig@s! O pasado venres 30 de outubro, celebramos no colexio o "Samaín". O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo converteu no Día de Todos os Santos. A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite, as almas dos mortos pasan pola porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias. |
|||
E para un momento de desconexión, aí vai esta canción tan marchosa de CHOLO E NELA. Xa somos fans!!!! |
|||
Boa tarde amig@s!! Os nenos e nenas galegos coñecerán, da man dos seus amigos Os Bolechas, o persoeiro a quen se lle dedica este 2020 o Día das Letras Galegas e achegaranse a unha das súas obras narrativas fundamentai: Scórpio. Achegamos o enderezo para o libro en pdf. Esperamos que gocedes coa lectura!! https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero |
|||
PROXECTO EDUCATIVO Deixamos aquí, este proxecto didáctico da coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, inclúe o relato orixinal en formato conto cedida pola Editorial Embora, pezas musicais e unha unidade didáctica para traballar. Podedes descargar o material ou velo en liña en: http://aspitas.gal
|
|||
Bo día! achégovos a programación do 17 de maio. Promovido polo concello de Boiro. |
|||
Con motivo do Día das Letras Galegas (e o Mes das Letras), a nosa acividade deste excepcional curso de confinamento dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro e coa colaboración de alumnado, familias e Concello é este pequeno vídeo en lembranza e conmemoración da nosa lingua e dos nosos maiores. ¡Non vos perdades a publicación do vídeo no Facebook do Concello o día 17 de maio ás 18:00! Saúde e forza para todos!... E Cultura! |
|||
Ola de novo! Deixamos aquí material variado para aprender moitas cousas de Ricardo Carvalho Calero. Van por orde de dificultade. Se queredes podédelas imprimir. Son moi chulas, xa veredes! |
|||
Bo día amig@s! |
|||
Co fin de celebrar o Día da Letras Galegas (neste Mes da Letras), convocamos a todo o alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro a participar nun pequeno traballo en vídeo. O alumnado ten que escoller unha palabra en galego que empregue algún dos seus avós ou avoas e que lle pareza: curiosa, bonita, simpática, importante... Terían que gravar un minivídeo do neno ou nena de 2 ou 3 segundos onde só digan esa palabra (poden só dicila ou, se teñen posibilidade: sinalala, amosala, representala, poñela, facer unha super-mini-rima, debuxala, cantala, bailala...). |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »