Blogue de Chus

AS NOSAS LETRAS

Este ano o Día das Letras Galegas estivo adicado a Francisco Fernández del Riego e para coñecer mellor a súa labor en prol do galego realizamos diversas actividades e culminamos todo este traballo festexando este día cunha romaría na que o pasamos en grande. 

CIENCIA NO CEE SANTA MARÍA

Celebramos a semana da ciencia cun montón de experiemntos moi interesantes...

 

O MAGOSTO NO SANTA MARÍA

O 11 de novembro celebramos o Magosto, comemos castañas, xogamos e bailamos arreo.

 

GLU, GLU, GLU NO FONDO DO MAR

As aulas 4, 5 e 7 fixéronnos un conto coa temática do calendario Estiño deste ano que é o MAR.

LEMBRANDO A ROSALÍA

 

Outro rinconciño no noso centro adicado a Rosalía:

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía con varias actividades. Os rapaces de peiteado e xardinaría leron poemas da escritora, traballouse co libro Rosalía pequeniña, prantáronse pensamentos pois era a flor preferida de Rosalía e os rapaces decoraron o seu retrato que puxemos nun corcho do noso centro.

Lembrando a Castelao

Lembramos a figura de Castelao con varios traballos que elaboraron os nosos rapaces. Ben o merece o noso Castelao!