Graduación e Despedida

O venres despedímonos de Ángel, Hugo, María, José, Erika e Santi nun acto de graduación previo á festa de fin de curso que presentaron os seus conpañeiros Abel e Vicky... 

Botarémosvos de menos rapaces!!!, desexámosvos o mellor!!!que sexades moi felices!!e a continuar o camiño!

             

Despedidas

Mérida despediu hoxe aos seus voluntarios de biblio con agasallos por tanta axuda!!! que disfrutedes do verán!!!

         

Visitas especiais para pechar o curso

Hoxe viñeron de visita os alumnos e alumnas de cuarto de primaria do CEIP Illa Verde, representáronnos o conto Un universo na túa maleta de @anameilan_ , que estaba entre o público!!!, e tamén nos cantaron Que bonito es querer, e cancións da súa propia creación.Ademáis trouxéronnos uns agasallos preciosos e despois xogamos todos xuntos!!!

 Bonito é para nós compartir momentos con vós e disfrutar das vosas visitas!!! 

moitas grazas por vir!!! 

         

As abellas

As aulas 1, 3 e 7 levamos a cabo un proxecto das abellas no que aprendimos como é o seu proceso, que tipos de abellas hai, en onde viven, a que se adican...

Ademais, recollemos as flores das que collen polen para velo ben de cerca e probamos a mel que elas fan, estaba boísima!

Noite meiga no Santa María

Parte do alumnado do Santa María adiantouse á Noite Meiga para ter moi boa sorte e sacar todo o malo!

Desfrutaron da fogueira, na cal pediron moitos desexos que serán cumpridos; merendaron ao carón dela e logo saltámola todos xuntos!

Non esquecimos, aínda que non fora á mañá seguinte, lavar a nosa cara con flores.

Mirade que ben o pasamos!

Está a piques de chegar o verán

O curso está a piques de rematar e chega a entrada do verán!

Hoxe, as aulas 1 e 3, indagaron nunha instalación de verán desfrutando do mar o máis cerca posible!

Metemos as mans en auga fresquiña, tocamos e xogamos coa area da praia, puxémonos as nosas mellores galas cos gorros e as gafas, preparamos o donut para aguantarnos ben no mar... e ata botamos crema solar!

Ademais, no verán despois da praia sempre se desfrutou de algo de festa e uns granizados ben ricos! Probamos uns riquísimos e bailamos un montón!

 

Smile Club

Xa queda pouco para o verán e xa empezamos a ter morriña e botarnos de menos... que levante a man quen non quere que remate o cole!!!.

No Santa Maria pasamolo tan ben que non queremos que se acabe!!!

Estes días estamos facendo xogos e actividades todos xuntos aprobeitando o tempo cos amigXs!!!