Neste curso o CEE de Panxón forma parte da rede de Meteoescolas, dentro do Plan Proxecta. O noso proxecto chamouse MeteoPanxón, e nel participamos todos os alumnos, tanto os de Primaria coma os de Secundaria, con diferentes actividades según os niveis, e así:
SECUNDARIA:
Fixo a caseta meteorolóxica onde se colocaron os instrumentos de medición (termómetro de máximas-mínimas e pluviómetro) e recollida de datos que logo foron analizados e interpretados na aula
Fixo uns mapas do Concello para visualizar neles as predicións do tempo cunhas iconas descriptivas en galego e inglés e que foron instalados no recibidor do Centro
PRIMARIA:
Observou diariamente o tempo atmosférico e cubriu unhas fichas co rexistro diario en galego e inglés
Elaboraron un mural con poemas que falaban do tempo con motivo do Día da Poesía
E outras moitas coma: visita a Meteogalicia, exposición ExpoMeteoro,...
Podes atopar un resumo de todas as actividades no blogue MeteoPanxon
Marta, Yaisa e Ibra coa caseta rematada e xa instalada