try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

blogue deadmin

PROXIMA VISITA A METEOGALICIA

O vindeiro xoves 8 de febreiro os alumnos de ESO farán unha visita á sede central de MeteoGalicia para ampliar os seus coñecementos sobre a Meteoroloxía e así aplicalos no centro

 

TOLOS CIENTÍFICOS NA NOSA MÁQUINA DE TOLERÍAS

Os alumnosde Primaria do noso centro converten a nosa biblioteca nun verdadeiro alboratorio de experimentación onde ocorren cousas tan divertidas coma incribles.

Lembrade que podes acceder á súa canle de  Youtube desde esta páxina clicando na imaxe da dereita, onde podedes darlle un lote de "likes", porque os merecen!!

E tampouco deixes de visitar o blogue da nosa Biblioteca "A MÁQUINA DE TOLERÍAS" tamén á dereita!!

Aquí nos explican cómo podemos facer un holograma fácilmente:

 

 

MÁQUINA DE TOLERÍAS

O 2018 comezou na nosa Biblioteca dun xeito.....moi colorido, como podedes ver neste videoresumo.

Non deixedes de clicar no enlace da dereita que vos leva ao blogue desa Máquina de Tolerías que é a nosa Biblioteca

 

 

O CEE DE PANXÓN EN MASTERCHEF

Este pasado mércores 24 de xaneiro, tres alumnos de Secundaria: Manu, Miriam e Pablo, acompañados do noso profe de cociña Álvaro e do noso director Rafa representaron ao noso centro na gravación do programa de TVE "MasterChef" que tivo lugar no parador de Baiona.

Viñeron encantados da experiencia televisiva, coma non podía ser doutro xeito, e da oportunidade de ver desde dentro como se produce un programa de televisión de éxito.

Podes clicar na foto para ampliar a información publicada no Faro de Vigo

 

CIENCEE

CIENCEE é o nome do proxecto que están a desenvolver os rapaces de EP, no cal van descubrindo a base de sinxelos experimentos contidos e cuestións relacionadas co mundo científico. Os experimentos realízanos na aula e son gravados en video para difundilos. Esta é a canle de difusións dos mesmos, á cal podes acceder clicando na imaxe desta entrada ou ben na imaxe da barra dereita da nosa web. Podes suscribirte na mesma para recibir os avisos cando se publique un novo video

 

Distribuir contido