Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Iniciar sesión

ÚLTIMAS CIRCULARES

11/09/2020

Informamos que  a partir do luns, 14 de setembro, o alumnado deberá traer a súa propia merenda e unha botella de auga (todo debidamente identificado co nome). Cada grupo realizará a merenda na súa aula.


 

En canto ao servizo de comedor, distribuiremos aos comensais en 3 quendas:

1ª quenda: de 13:30 a14:00 h.

Grupo 1 (titora Silvia Andión).

Grupo 6 (titora Nuria Garrote).

Grupo 7 (titora Zaida Pena).

2ª quenda: de 14:00 a 14:30 h.

Grupo 2 (titora Alicia Queiro).

Grupo 3 (titora Mª del Mar Pena).

Grupo 4 (titora Beatriz Caamaño).

Grupo 5 (titora Alba Becerra).

Grupo 8 (titora Noela Rivas).

3ª quenda: de 14:30 a 15:00 h.

Programas Formativos.


 

disposición do alumnado no comedor será fixa durante todo o curso e mantendo a distancia de seguridade. O alumnado permanecerá no seu posto onde recibirá a bandexa co servizo completo. Este curso, de maneira excepcional, eliminarase a rutina do cepillado de dentes. Cando remate a súa quenda, os comensais permanecerán no espazo contiguo ao comedor (se chove no ximnasio) ata que sexan recollidos ou dirixidos ao transporte.

Para diminuír riscos, recomendamos a recollida do alumnado, ao rematar a súa respectiva quenda pola porta de comedor. 

As 14:55 h. é o horario límite de recollida do alumnado.

Con todas estas medidas, pretendemos garantir a seguridade do alumnado nesta situación de pandemia.