Vos contabamos fai pouco que tiñamos novo blogue do EDLG. Hoxe vos anunciamos que acabamos de incorporar á nosa páxina web o enlace ao novo blogue da biblioteca. E que, dentro de pouquiño incorporaremos o blogue do Club de ciencias.
Examinade os menús do ENDL (á esquerda) e da Biblioteca (á dereita) para acceder aos enlaces dos blogues. Ou accedede directamente desde aquí pulsando nunha das dúas opcións:
Recordamos ás familias que este venres 23 de novembro nun horario de 16:00 a 18:00 horas desenvolverase no noso centro, como parte do programa formativo que está levando a cabo o profesorado do colexio dende o curso pasado, a escola de pais e nais.
Nesta ocasión contaremos coa ponencia de Gey Lagar que nos explicará en que consiste o programa de "Patios y Parques dinámicos" e darannos orientaciones para levalo a cabo.
Pinchando aquí podedes acceder a unha entrevista a Gey Lagar na que explica un pouco en que consiste o programa.
Para ver o blogue do ENDL pulsade aquí.
A piques de comezar o mes de novembro, adxuntamos os menús do mes que comeza nuns días.
Bo proveito!!
Dende a biblioteca do noso centro xurde o proxecto "Europa sen fronteiras" que nos fai percorrer semana a semana os distintos países de Europa para coñecelos máis en profundidade; sabendo onde se atopan xeográficamente, os seus costumes, a súa cultura, etc.
Xa pasamos por Irlanda, por España e por Alemaña. Esta semana o noso alumnado cociñou un riquísimo Strudel salado e a semana pasada unha paella e unhas albóndigas con salsa española.
A ver cal será o noso próximo destino. Estamos desexando coñecelo.