Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Iniciar sesión

LSE para o tempo de lecer

Compartimos por aquí a iniciativa da Plataforma de Accesibilidade Artística Nacional. Esta foi creada para poder disfrutar la Lingua de Signos.

 

Arte Accesible

@arteaccesiblenacional

 

As nosas rapeiras e a "Nosa Estrela Galega"

Deixámosvos por aquí o rap que as nosas alumnas prepararon para o concurso da Voz de Galicia e que quixeron compartir con todas vós.

Tedes en arquivos adxuntos a letra por se tamén vos queredes animar a cantala con elas.

Actividades do Servicio Municipal de Educación

No marco da situación inaudita que nos tocou vivir nestas datas, a Federación de Anpas, en colaboración co Servizo Municipal de Educación, marcouse como obxectivo claro e para combater o aillamento obrigado, o de manter o interese da rapazada e xuventude polos programas educativos que se terían feito en situación de normalidade.

EU QUEDO NA CASA

Desde o Concello da Coruña ánimannos en Lingua de Signos a non sair da casa.

https://twitter.com/ConcelloCoruna/status/1241117384997470208

Traballos para o alumnado de Lingua de Signos (4º e 6º EP)

Desde o CEE Nosa Señora do Rosario as mestras de Lingua de Signos que impartimos docencia nos cursos de 4º e 6º de EP do CEIP María Pita, adxuntamos arquivo e enlace para reforzar, nestos días de suspensión das clases por COVID-19, a nosa asignatura.

 http://www.cnse.es/lseaula/

Información Xeral (ACTUALIZADO 11/06)

Neste trimestre, botándovos moito de menos, continuaremos coa mesma dinámica de uso da nosa páxina web. Como podedes observar, no lado dereito, segue a estar o apartado chamado "Profesorado e Aula". No mesmo, como xa sabedes, atoparedes un apartado para cada aula do noso colexio, no cal o profesorado continuará subindo propostas de actividades. Consideramos que, desta forma, é máis sinxelo para vós, como familias, estar ao tanto das novidades de cada aula.

Menú Marzo

"Verzas en marzo, cesta no brazo".

Menú Febreiro

"Un garavanzo non fai pucheiro, pero axuda ao compañeiro".

Menú Xaneiro

"Nabo, nabiza e grelo, a trinidade do galego".

Por un Nadal Verde e Inclusivo

A Comunidade Educativa do CEE Nosa Señora do Rosario deséxavos

un Bo Nadal e Venturoso Ano Novo 2020!!