Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Iniciar sesión

Moitas grazas querida Amalia por coidar da nosa horta

Hoxe queremos facerlle unha pequena homenaxe a Amalia, xa que estase a encargar do coidado da nosa pequena horta, para que siga crecendo e o traballo do noso alumnado non fose en balde.

Ata estamos a pensar en cambiarlle o nome á nosa "Horta de Charito" e chamala a "Horta de Amalia". Os nosos aplausos de hoxe e este poema de Díaz Castro van para ti. Moitas grazas por todo! 

Herba pequerrechiña,
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sin ti.
Por que, de ser pequena
te me avergonzas ti?
O Universo sería
máis pequeno sen ti!

Xosé María Díaz Castro - Esmeralda (Nimbos) 1961

 

Festival Solidario Accesible LSE

09/05/2020 12:00
09/05/2020 20:00
Europe/Madrid

https://www.instagram.com/p/B_2w5lIoTjh/

CHARIBOT - O ALUMNADO TAMÉN LE NA CASA

Bo día a todas e todos,

hoxe pasouse por aquí Charibot para deixarnos un novo vídeo. Que alumn@ se atreveu a mandar unha foto lendo na casa? Pulsa en Charibot e poderás descubrilo.


Cumpleanos Maio e Xuño

Co cambio de mes chegan novos aniversarios. Unha pena non poder celebralos convosco. Que pasedes un gran día! PARABÉNS!

Todo o día na casiña

Compartimos convosco a canción de Magín Blanco "Todo o día na casiña" na que describe o día a día dos máis pequenos e pequenas da casa. A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove este videoclip con animacións da pintora, ilustradora e profesora Luz Beloso e coas voces de grandes referentes da música galega. Neste caso compartimos as adaptacións de "Aulas Galegas" para que chegue a todo o noso alumnado. Esperamos que vos guste:

- Versión con Pictos:

 

- Versión en LSE:


https://aulasgalegas.org/todo-o-dia-na-casina-adaptado/

Novas actividades para ser unhas boas agricultoras

Bo día,

Personajes de dibujos animados trabajando en agricultura | Vector ...

 

Imaxe obtida en Freepik

tedes unha nova proposta por parte de do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares para que non vos esquezades da nosa coa horta, outra forma de continuar co proxecto de Voz Natura. Se queredes acceder ás actividades ou observar como creceu a nosa horta, non dubidedes en pulsar no arquivo.                           

 

NORMAS PARA SAÍR DE CASA

Deixámosvos por aquí, por se é do voso interese, unha historia social para poder explicar ao noso alumnado as normas para saír da casa.

Cortesia de COMUNITECA.

Moito ánimo e moita forza!

Día do Libro

Bo día a todas e todos,

hoxe pasouse por aquí Charibot porque ten unha sorpresa para vós por ser hoxe o día do libro.

 

MENSAXE IMPORTANTE PARA O ALUMNADO

Mensaxe desde a nosa casa: botámosvos de menos!

ACTIVIDADES HORTO ESCOLAR

O proxecto do centro deste ano, do que xorde a temática da meirande parte das actividades desenvolvidas ao longo deste curso, é “O mundo nas nosas mans”, o cal nace da proclamación pola ONU do 2020 como ano internacional da “Sanidade Vexetal”, e que ao mesmo tempo está relacionado co proxecto de Ecocomedores e co programa de “Voz Natura”, nos que participa o noso centro educativo.

Tendo en conta isto, dende o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do noso centro, propoñémosvos as seguintes actividades, co fin de que dende as vosas casas continuedes o traballo iniciado este ano. 

Esperamos que sexa de voso agrado.