Skip to Content

Complementarias

PRESENTACIÓN DO CONTO: O CAPITÁN INCLUSIVO

Onte pola mañá tivemos  a visita do profesor Uxio e o seu  grupo de alumnos e alumnas do IES Portovello do ciclo formativo de Atención a persoas en situación de dependencia que viñeron a biblioteca do cole a presentarnos o libro: O CAPITÁN INCLUSIVO.

 

Trátase dunha serie de contos inventados por estes rapaces e rapazas, cheos de cor e adaptados con moitas texturas que estiveron presentando ao noso alumnado.

SAÍDA AUDITORIO: O LOBO E A LÚA

Bo día!!!

Hoxe tocou saída!!!

Ás 11:00 da mañá os buses estaban esperando na entrada do colexio para ir ao Auditorio Municipal a ver a obra de teatro que leva por título: O LOBO E A LÚA.

SAÍDA AO AUDITORIO: SAFARI

Hoxe, martes 4 de febreiro, recén acabamos de chegar do Auditorio Municipal de Ourense de ver unha delicia de espectáculo que ten por título: SAFARI.

O bullying é o tema que se trata; aquí o alumnado pode entender as súas ameazas a partir do comportamento dos seus protagonistas: os animais da sabana. 

SAÍDA AUDITORIO: A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ

O pasado luns 16 de decembro, varios alumnos e alumnas do noso cole foron ao auditorio.
Nesta ocasión foron  ver a representación da obra " A NENA E O GRILO, MÁIS ALÓ" de Magin Blanco.

FOTOS DA GALA DE ENTREGA DE PREMIOS OUFF ESCOLA 2019

 
E por fin, aquí vos deixamos a presentación de fotos que fixemos do día 1 de outubro, cando acudimos ao auditorio xa que nos convidaron á Gala de entrega de premios do X Certame de Cine OUFF ESCOLA 2019. Agardamos que vos gusten! 

X CERTAME DE CINE OUFF ESCOLA 2019

Onte pola mañá acudimos á Gala de entrega de premios do X Certame de Cine OUFF Escola para o que presentamos dous traballos de animación feitos o curso pasado: Xaime e as landras e Maruxa.

Distribuir contido


by Dr. Radut