Terapia con animais
No ano 2017, tivemos unha primeira toma de contacto coa terapia con animais no centro, da man de Ardai. No presente curso 2023/2024 e logo de algúns cursos retomamos as sesións de terapia con animais.
As sesións desenvólvense un día por semana, os martes, nunha aula especialmente habilitada para esta actividade. Proximamente presentaremos a estes novos e vellos amigos xunto cos terapeutas que nos acompañarán.
Tamén deixaremos un resumo gráfico das sesións para que as familias podades comprobar os momentos vividos con eles.