Skip to Content

RECORDOS DESTE CURSO EN EDUCACIÓN FÍSICA

Aquí tedes algúns recordos do que fixemos este curso. 

Grazas a todos polo voso esforzo!

Feliz verán e a xogar e facer moito moito exercicio!!!Guiño

 

XORNADA DE EDUCACIÓN VIARIA

Durante este último trimestre estivemos  traballando a educación  viaria nas aulas e onte tivemos unha actividade complementaria que se desenvolveu no patio do colexio durante toda a mañá.



 

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Non nos esquecemos de contarvos como foi a celebración das Letras  Galegas...o que pasa é que estivemos preparando os vídeos das distintas actividades que se fixeron o día 25 de maio.

 

O vídeo que acabades de ver é un resumo da festa e actividades que se fixeron e no que se ve que non faltaron nin a festa nin as gañas de pasalo super ben.

TRABALLAMOS EMOCIONADAS!!!

Nas sesións de taller é un bo momento para traballar en equipo e desfrutar en todo momento das actividades que facemos.

 



GRAN APERTURA MERCA SABELA

Finalmente o MERCA SABELA tivo a inauguración merecida.

Primeiro Sabela foi por todas as aulas para contarlle aos nenxs que o super abría as súas portas.

Logo, como non podía ser doutra forma, os nenos e as nenas acudiron a mercar e celebrar a apertura.

Entre todxs podemos facer do MERCA SABELA o noso super de confianza.

Distribuir contido


by Dr. Radut