23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR
O martes celebrouse o Día Mundial do Libro e dos Dereitos do Autor.
Desde a Consellería de Educación editouse un díptico para conmemorar esta data cun poema da poeta, narradora, profesora e académica MARILAR ALEXANDRE.
O texto convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.
Queremos compartilo con todos/as vos.
Con este texto na nosa mente queremos contarvos que actividades organizamos no CEE MIÑO nesta semana do libro e que pouco a pouco vos iremos amosando como discorreron.
1.
CONTACONTOS POR PARTE DE SABELA: MARUXA
2.
ELABORACIÓN DO LIBRO DAS ESTANCIAS DO COLE.
3.
CONTACONTOS POR PARTE DUNHA MAMÁ VOLUNTARIA: O CASAMENTO DA PULGA E DO PIOLLO.
4.
VIDEOCONFERENCIA CO ALUMNADO DUN COLE DE OURENSE.
E xa están PERICO, PIRULETA e SABELA moi atentos para irvos informando das distintas actividades.