METEOESCOLAS

A PRIMAVERA: 3ºTRIMESTRE

Neste derradeiro trimestre fixemos dentro da Área de educación plástica e visual, uns cadros con moitas cores,  onde os nenos empregaron como recurso artístico as súas propias mans e pegadas.

 

 

Realizamos saídas pola contorna, onde recollemos distintos elementos (flores, follas, froitos...), que posteriormente secamos e cos que elaboramos unha árbore.

 

 

Abordamos a estación dende diferentes perspectivas: Realizamos actividades, onde  traballamos vocabulario da primavera, decoramos diferentes elementos de dita estación, empregamos tarxetas con pictogramas e preguntas relacionadas co tempo atmosférico, paisaxe... e fixemos tarefas de clasificación, atendendo a diferentes criterios: alimentos de temporada, animais e prendas de vestir.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer