POSTAIS DE NADAL

Novamente colaboramos co EDLG na elaboración da POSTAL DE NADAL.

O EDLG encargouse do interior por medio da escrita respondendo a unha serie de cuestións propostas polo  CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros) co cal intercambiamos algunhas das postais xa que outras irán para as Bibliotecas Escolares da contorna. 

A BE encargouse da parte exterior e propuxo para os grupos  (1, 2, 3 e 4) empregar  tea como elemento protagonista das composicións. Os Programas Formativos (Restauración e Xardinería) coser algún símbolo do NADAL(reno, árbore, bola, agasallo).

Proporcionou os materiais e a proposta as diferentes titorías.

Os maiores do cole acompañados das titoras, especialistas e a educadora en 2 sesións na tarde do xoves xuntámonos na BIBLIO para realizalas.

Previamente trasladamos o debuxo escollido a un caderno co cal traballamos na área de matemáticas.

Logo comezamos a trasladar o debuxo a tea (panamá) con fio de diferentes cores e en formato punto de cruz.Ao comezo costou un chisco....pero logo estivemos ben concentrados e rematamos a labor.

Os grupos de pequenos empregaron teas como elemento central da POSTAL empregando a súa creatividade para plasmar nelas diferentes motivos.

 

Aquí deixamos o resultado das nosas POSTAIS DE NADAL CREATIVAS.

Unha delas, por votación popular,  foi escollida para ser a felictación deste NADAL 2023 desde o noso  centro. 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer