NOVO CURSO DE .....STEM, STEAM, STREAM !!! 2023-2024
Enviado por miriamrodriguez o Dom, 29/10/2023 - 18:44
Como ben sabedes desde a BIBLIOTECA ESCOLAR (BE) ,e xa van 3 cursos, traballamos o STEAM (enfoque pedagóxico que trata a resolución de problemas e promove a autonomía do alumnado a favor dunha comunidade de aprendizaxe) e este curso evolucionaremos tamén no concepto e pasaremos ao STREAM que amais da CIENCIA, TECNOLOXÍA, ENXEÑERÍA, ARTE e MATEMÁTICAS agora inclúe o READING ou en castelán LECTURA.
Pretendemos que a BE continúe evolucionando nestes conceptos e prácticas sendo para o centro educativo de eixo vertebrador de aprendizaxes e espazo onde atopar os materiais para levalos a cabo.