SISTEMA SOLAR
Enviado por miriamrodriguez o Lun, 12/12/2022 - 01:00
Hoxe traemos unha actividade sobre O SISTEMA SOLAR.
No ESPAZO MAKER da BIBLIOTECA temos un par de KITS para que a rapazada poda familiarizarse coa filosofía STEAM e neste caso máis concretamente co ámbito da CIENCIA.
Aquí os tedes montando o KIT:
- Primeiro comprobaron que o KIT traía a totalidade de elementos necesarios para realizar a tarefa.
- Leron as instrucións.
- Comezaron a realizala.
Tivemos un pequeno contratempo, no KIT faltaba unha peza, a barriña central que suxeita os planetas, así que o que fixemos foi escribir un correo a empresa fabricante e solicitar dita peza.