CÁMARA ESCURA
Continuamos ca FOTOGRAFÍA no Infanta ....
Nestes días estamos desenvolvendo a práctica: CÁMARA ESCURA, trátase dun instrumento. que permite obter unha proxección plana dunha imaxe externa sobre a zona interior dunha superficie, foi un dos pasos previos ao desenvolvemento da fotografía tal e como a coñecemos.
Primeiro traballamos a documentación da práctica, lendo entre todos as instrucións para logo paso por paso reproducir a actividade. Para comezar tivemos que buscar un lugar no cal instalar a nosa cámara e en días posteriores poder ir sen problema comprobar as diferentes posibilidades da actividade (con luz, sen luz, con estenopo ou sen el).
Aquí deixamos unhas imaxes das primeiras prácticas:
Lectura da documentación e construción da cámara escura.
3 estenopos con tamaños diferentes.
Práctica: colocación do estenopo.