STEAM
POSTAIS DE NADAL
Enviado por miriamrodriguez o Lun, 25/12/2023 - 21:15Novamente colaboramos co EDLG na elaboración da POSTAL DE NADAL.
O EDLG encargouse do interior por medio da escrita respondendo a unha serie de cuestións propostas polo CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros) co cal intercambiamos algunhas das postais xa que outras irán para as Bibliotecas Escolares da contorna.
A BE encargouse da parte exterior e propuxo para os grupos (1, 2, 3 e 4) empregar tea como elemento protagonista das composicións. Os Programas Formativos (Restauración e Xardinería) coser algún símbolo do NADAL(reno, árbore, bola, agasallo).
Proporcionou os materiais e a proposta as diferentes titorías.
Os maiores do cole acompañados das titoras, especialistas e a educadora en 2 sesións na tarde do xoves xuntámonos na BIBLIO para realizalas.
Previamente trasladamos o debuxo escollido a un caderno co cal traballamos na área de matemáticas.
Logo comezamos a trasladar o debuxo a tea (panamá) con fio de diferentes cores e en formato punto de cruz.Ao comezo costou un chisco....pero logo estivemos ben concentrados e rematamos a labor.
Os grupos de pequenos empregaron teas como elemento central da POSTAL empregando a súa creatividade para plasmar nelas diferentes motivos.
Aquí deixamos o resultado das nosas POSTAIS DE NADAL CREATIVAS.
Unha delas, por votación popular, foi escollida para ser a felictación deste NADAL 2023 desde o noso centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »