Grupo IV

RECUNCHO RELAX: LIBROTERAPIA

 

A nosa aula está distribuída por RECUNCHOS , hoxe imos falar sobre o RECUNCHO RELAX.

Este recuncho é un lugar onde estar relaxado, ler contos , escoitar música, xogo manipulativo ouestimulación sensorial.

Na derradeira sesión da tarde poñemos música (sons da natureza, auga, páxaros,etc), empregamos olores por medio de velas e reducimos a luz natural da aula deixando acendidas as luces de cores do recuncho.

Tamén ten varios coxíns, teas ,axóuxeres, luces de cores e luces brancas. 

 

 

 

Aquí podemos ver a Leo e a Hugo nunha sesión de LIBROTERAPIA co libriño ANIMALFABETO (AUTORA : Eva Mejuto) (EDITORIAL:TRIQUETA VERDE). 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer