STEAM

METODOLOXÍA STEAM UNHA EDUCACIÓN PARA O FUTURO

METODOLOXÍA   STEAM

UNHA EDUCACIÓN PARA O FUTURO

 

 

A filosofía   STEAM está baseada nos principios básicos de Ciencia, Tecnoloxía, Inxeñería, Matemáticas e Arte na cal os nenos e nenas traballan de xeito cooperativo, toman decisións e poñen en práctica coñecementos adquiridos. Mellora aspectos coma a autoestima e a capacidade de comunicación, a imaxinación e a experimentación en primeira persoa.

 

É unha metodoloxía axeitada para todo tipo de nenos e nenas sen excepción algunha.

 

Axuda a adquirir competencias tecnolóxicas e de alfabetización dixital.

 

Neste curso no CEE Infanta Elena levamos a cabo un Obradoiro semanal no cal o alumnado pon en práctica esta metodoloxía realizando actividades relacionadas cos proxectos realizados no centro:

 

-      Alimentate Ben.

-      Aventura no Val de Lemos (Educación Patrimonial).

-      Fotografía en Curso .

-      Meteoescolas.

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer