STEAM

SISTEMA LUPO

 A raíz dunha formación no CFR de Lugo coñecimos este material : O SISTEMA LUPO, trátase dunha ferramenta didáctica baseada no xogo que proporciona ao alumnado e ao profesorado mecanismos e dinámicas aptas para a aprendizaxe lúdica, consta dun set de pezas básicas con formas e dimensións proporcionais de material lixeiro e sinxelo de manipular o seu autor é o arquitecto Fermín Blanco.  

Solicitamos o préstamo ao CFR de Lugo e empregámolo nunha primeira sesión como toma de contacto co fin de coñecelo e comezar a xerar ideas a respecto dos usos posibles do material. 

O alumnado comprobou o número e tipo de pezas para logo comezar a deseñar unha torre (previamente decidido por eles) de xeito relaxado na biblioteca (empregamos música de fondo), finalmente lograr un producto final e colocalo novamente nas caixas tendo en conta a súa disposición polo gran número e tamaño das pezas. 

A sesión foi en quenda de tarde 2 horas. 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer