ORC para pendentes.

RA1. Identifica necesidades do sector produtivo en relación con proxectos tipo que as poidan satisfacer.

RA2. Deseña proxectos relacionados coas competencias expresadas no título, onde inclúe e desenvolve as fases que o compoñen.
RA3. Planifica a posta en práctica ou a execución do proxecto, para o que determina o plan de intervención e a documentación asociada.
RA4. Define os procedementos para o seguimento e o control na execución do proxecto e xustifica a selección das variables e dos instrumentos empregados.
RA5. Elabora e expón o informe do proxecto realizado e xustifica o procedemento seguido.

(A exposición do informe, que realizará todo o alumnado, é parte esencial do proceso de avaliación e defenderase ante o equipo docente.)

RA1. Identifica a estrutura e a organización da empresa en relación coa produción e coa comercialización dos produtos que obtén.

RA2. Aplica hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional, de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos establecidos na empresa.

RA3. Realiza tarefas de xestión de centros veterinarios e asistencia á atención veterinaria, segundo as características do centro e seguindo as instrucións do/da facultativo/a veterinario/a.

RA4. Xestiona a bioseguridade e o saneamento gandeiro das explotacións e analiza a normativa e os protocolos.

RA5. Controla e organiza a reprodución e a cría nas explotacións gandeiras, elaborando un plan de produción segundo a especie.

RA6. Xestiona a produción de carne e outros produtos gandeiros e aplica o plan de produción establecido pola empresa.

RA7. Xestiona a recría, o manexo e a doma de équidos, tendo en conta a relación das técnicas e dos materiais con cada fase de traballo.