Saltar navegación

Un segredo: o final é o principio

Aquí vai un dos grandes segredos do repentismo. E van contarnos este segredo Estrela E Joana.

Estrela e Joana son dúas regueifeiras de sete e seis anos que aprenderon a improvisar en verso na familia, con mamás e papás que lles cantaron desde que foron bebés. Para elas, regueifar é un xogo. Aprenderon as normas da regueifa como aprenderon as do parchís ou as do matraquinho. Así de claro: improvisan para pasalo ben. Ademais, saben algúns segredos e truques e neste vídeo podedes descubrir un dos máis importantes. Isto que nos contan é moi, moi importante. É parte do proceso mental da construción dunha copla. E explícannos este segredo mooooi devagariño, porque saben que estamos a aprender...