Saltar navegación

Instalar o "Estilo" Platega de eXelearning

Nos paquetes de contidos inseridos en cursos Platega empregarase o estilo "Platega". Este estilo aínda non se instala xunto con eXeLearning, polo que debe instalarse.

Pasos para instalar o estilo Platega no eXeLerarning do teu ordenador:

1. Descarga o ficheiro do "Estilo" Platega do Espazo de apoio á CREACIÓN de cursos Platega

  • Linux ou Windows - platega.zip
  • Desde un Mac, descarga platega.mac Despois de descargalo cámbialle o nome a platega.zip

Archivos do Estilo Platega

2. Abre eXeLerarning

3. Estilos > Xestor de estilo

4. Preme no botón "Importar estilo"

5. Localiza o arquivo Platega.zip descargado e seleccionao

6. Preme en Abrir

Importar estilos en eXe

No sucesivo xa podes aplicar o estilo "Platega".


Departamento de educación dixital
Vostede é libre para:
  • Compartir — copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato
  • Adaptar — remesturar, transformar, recrear e crear obras derivadas sobre o material

...mesmo con finalidade comercial, baixo as condicións seguintes:

  • AtribuciónDebe dar o recoñecemento apropiado, fornecer un vínculo á licenza e indicar se se fixeron cambios. Pode facelo de calquera maneira razoábel pero non de maneira que poida suxerir que o licenciante o apoia a vostede ou o seu uso.
  • Compartir Igual — Se vostede remestura, transforma ou recrea sobre o material, debe distribuír as súas colaboracións coa mesma licenza cá orixinal.