USO DE GOOGLE CLASSROOM E G SUITE NA AULA

Obxectivos:

Coñecer unha experiencia real de implantación de G Suite nun centro educativo.
Descubrir posibilidades didácticas das ferramentas que compoñen G Suite.
Aprender a xestionar unha aula virtual con Google Classroom.

Descrición:
O obradoiro consta dunha introdución na que se realiza unha descrición da ferramenta G Suite (antes Google Apps) para educación. Coméntase brevemente o proceso de implantación desta ferramenta nun centro educativo. Cada asistente ao obradoiro traballará desde unha conta de G Suite.A continuación os asistentes traballarán con algunhas das ferramentas incluídas en G Suite, sempre desde a perspectiva do seu uso na aula: creación de grupos de alumnos, probas de avaliación con formularios autocorrexibles, programación de tarefas e exames, deseño da web da asignatura....O produto das prácticas anteriores servirá para crear unha aula virtual con Classroom, o que ocupará o resto do tempo do obradoiro. Haberá que configurar a clase, rexistrar alumnos e engadir contido. Unha vez creada, simularanse interaccións entre alumnos e profesores: creación de tarefas, revisións, cualificacións... para valorar o seu potencial de uso na aula.

Impartido por:

Felipe Roget: Profesor de Tecnoloxía no IES Virxe do Mar de Noia. Imparto materias de Tecnoloxía e TIC.

ORGANIZA

SÍGUENOS NA REDE

Consulta todas as novedades sobre a formación do profesorado nas nosas canles