Caza do tesouro: O entroido en Galiza
Guía didáctica
Destinatarios
- Alumnado de segundo e terceiro Ciclo de Ed. Primaria
Obxectivos
- Coñecer as principais manifestacións do Entroido en Galicia.
- Pescudar información sobre as particularidades de cada unha destas celebracións.
- Investigar sobre a orixe da celebración do Entroido.
- Ser capaz de debater en público ideas propias.
- Argumentar e fundamentar as ideas manifestadas.
- Desenvolver a capacidade de diálogo cos compañeiros.
- Ser quen de realizar pescudas de información en internet.
- Usar as Novas Tecnoloxías no aula, manexando algunhas funcións propias do Sistema Operativo.
Contidos
- Principais manifestacións do Entroido en Galiza.
- O "triángulo máxico" do Entroido.
- A orixe da celebración do Entroido.
- Metodoloxía das Cazas do Tesouro.
- O debate como método expositivo de ideas.
Competencias
Nesta webquest trabállanse as seguintes “Competencias clave”:
- Comunicación lingüística (CCL).
- Competencia dixital (CD).
- Aprender a aprender (CAA).
- Competencias sociais e cívicas (CSC).
- Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
- Conciencia e expresións culturais (CCEC).
Metodoloxía
- Material: Ordenadores con conexión a internet e impresora.
- Software: Programas de navegación por internet.
- Organización do espazo: Traballaremos na aula de informática para a pescuda de información e na biblioteca para a resposta á "Gran pregunta".
- Organización alumnado: O alumnado traballará individualmente a tarefa de pescuda da información ata completar o esquema/guión. En grupos de 2/4 persoas prepararán as ideas para debatir a "Gran pregunta". As actividades de lecer pódense facer de forma individual ou nos grupos de 2/4 persoas establecidos.
- Recursos educativos: Os recursos complementarios aparecen reflictidos no apartado de "Recursos" da Caza do tesouro.
- Interrelacións: Nesta tarefa están implicadas as áreas de lingua e ciencias sociais.
Temporalización
- Catro sesións dunha hora en clase. Pódese propor que as preguntas se fagan en casa, se todo o alumnado ten acceso a internet.
Avaliación
- O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
- O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos no apartado de "Avaliación" da WQ.