Índice |
Lexislación relacionada coa atención á diversidade, o aneae e a función orientadora na educación secundaria |
||||||||||||
“As modificacións introducidas no currículo, a organización, obxectivos, requisitos para a obtención de certificados e títulos, programas, promoción e avaliacións de educación secundaria obrigatoria implantaranse para os cursos primeiro e terceiro no curso escolar 2015-2016, e para os cursos segundo e cuarto no curso escolar 2016-2017. A avaliación final de educación secundaria obrigatoria correspondente á convocatoria que se realice no ano 2017 non terá efectos académicos. Nese curso escolar só se realizará unha única convocatoria. As modificacións introducidas no currículo, a organización, obxectivos, requisitos para a obtención de certificados e títulos, programas, promoción e avaliacións de bacharelato implantaranse para o primeiro curso no curso escolar 2015-2016, e para o segundo curso no curso escolar 2016-2017. A avaliación final de bacharelato correspondente ás dúas convocatorias que se realicen no ano 2017 unicamente se terá en conta para o acceso á universidade, pero a súa superación non será necesaria para obter o título de bacharel. Tamén se terá en conta para a obtención do título de bacharel polos alumnos e alumnas que se encontren en posesión dun título de técnico de grao medio ou superior de formación profesional ou das ensinanzas profesionais de música ou de danza, de conformidade, respectivamente, cos artigos 44.4 e 50.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio. Por esta razón, cando abordemos a ESO e o bacharelato citaremos o RD 1631/2006 e RD 1467/2007 e o D 133/2007 e D 126/2008 que regulan o relativo aos cursos 2º e 4º da ESO e 2º de bacharelato e e tamén o RD 1105/2014 e o D 86/2015 de aplicación para os restantes cursos de ambas etapas. Convén sinalar que, de conformidade coa disposición transitoria décimo primeira da LOE (aplicación das normas regulamentarias) “nas materias cuxa regulación remite esta lei a ulteriores disposicións regulamentarias, e mentres estas non sexan ditadas, serán de aplicación, en cada caso, as normas deste rango que o viñan sendo na data de entrada en vigor desta lei, sempre que non se opoñan ao disposto nela”. Alicia Guerrero Seijas |