OpenOffice

LibreOffice

OpenOffice
Módulo 2. Writer
writer
2.4. Definir o aspecto das nosas páxinas

2.4.1. O formato dos parágrafos

Ademáis de configurar o tamaño e tipo de letra que queremos empregar nos nosos documentos, tamén é moi interesante definir o aspecto que queremos que teñan os parágrafos, fundamentalmente o espazado entre liñas, o fluxo do texto (se queremos que o texto estea xustificado, ou aliñado á esquerda, centrado, etc.).

Para acceder ás opcións de formatado de parágrafos podemos facer de dúas maneiras (como tantas veces!): a máis doada é poñer o cursor no parágrafo que nos interesa modificar (ou seleccionar todo o texto primeiro) e premer no botón dereito do rato. O menú contextual amosa algo como esto:

menu contextual par�grafos

Escollendo a opción "Parágrafo" temos a nosa disposición todas as posibles modificacións que afectan ós parágrafos do noso documento:

  • sangrías e espazamento (espazos entre liñas, entre outros)
  • aliñamento do texto (esquerda, dereita, centro ou xustificado)
  • bordos (se queremos que o parágrafo teña unha liña ó redor, ou efecto sombra)
  • fondos (para poñer unha cor de fondo ó parágrafo)
  • fluxo de texto
  • numeración
  • maiúsculas capitulares (para comezar o parágrafo coa primeira letra máis grande que o resto)
  • ...
Como xa decíamos podemos acceder tamén a todas as opcións de formatado do parágrafo dunha segunda forma: a través do menú "Formato" opción "Parágrafo".

2.4.2. Organizando o texto en columnas

Hai un aspecto importante que afecta tamén á disposición dos parágrafos, que é poñer o documento en varias columnas  (como nun xornal). Así, Writer permite que dispoñamos dúas columnas ou máis por páxina,  para colocar o contido do noso documento, o  texto e as imaxes, de forma que quede perfectamente organizado.

Así, se queremos converter un documento con unha soa columna (o normal) a varias, temos que ir ó menú  "Formato" na barra superior, e escoller "Columnas".  Abrirase a seguinte ventá:
columnas

Agora escolleremos o número de columnas (2 como no exemplo)  e se queremos, modificaremos algún aspecto especial como pode ser o espazamento entre as columnas ou se queremos algunha liña que as separe. Tamén podemos necesitar que unha columna sexa máis ancha que a outra, e podemos definirlo modificando as medidas estándares en "Largura".

Actividades:
As actividades están programadas únicamente na versión para formación do profesorado a través de Platega.
Titoriais:
Preme nesta ligazón para ver un titorial sobre como formatar en dous columnas o texto dun documento.
<<anterior