Tratamento de imaxe

Resulta case inimaxinable unha vida sen imaxes. Dende as pinturas rupestres dos homes das cavernas ata as fotografías con super resolución, pasando polos séculos dourados da arte universal, as imaxes en forma de cadros, esculturas ou fotografías tiveron unha presencia constante no desenvolvemento da sociedade.

Coa aparición das aplicacións informáticas especializadas no tratamento e retoque de imaxes, acompañadas por cámaras fotográficas dixitais cada vez máis potentes e con mellores prestacións, retocar, modificar, suprimir ou engadir elementos a unha fotografía ou debuxo está case ao alcance de calquera. Só é preciso o programa axeitado, tempo que adicarlle e paciencia.

Un exemplo moi sinxelo de modificacións que se poden levar a cabo cun simple clic o o programa GIMP

Neste módulo do curso veremos como cargar, redimensionar, recortar e gardar unha imaxe co mesmo formato orixinal ou con outro diferente.