Importar imaxes

As cámaras fotográficas almacenan as fotos nas chamadas tarxetas de memoria. O formato de tarxeta máis habitual é SD e pode almacenar varios Gb de fotografías Tarxeta SD. O tamaño das fotos ven dado polo número de píxeles que a foto ten ao ancho multiplicado polos que ten ao alto. Polo que o número de fotos que podemos almacenar na tarxeta dependerá da calidade da imaxe. Una fotografía de 4000x3000 píxels ocupa arredor de 3 Mb, pero en todo caso tamén dependerá da cantidade de cores e detalles que haxa na imaxe.

Cando insertamos unha tarxeta de memoria no ordenador, o Sistema Operativo lanza un asistente que nos permite importar todas as fotos ao disco duro. Se optamos por utilizar o asistente, só deberemos indicarlle onde queremos que garde as fotos. Se preferimos xestionar nós mesmos as fotos e copiar unicamente as que nos interesen, podemos pulsar o botón cancelar. A tarxeta aparecerá, en calquera caso, como unha unidade de disco máis. Podemos ver os arquivos e navegar por ela como fariamos nun disco duro normal ou nun disco USB.

 

No caso dos teléfonos móbiles, o proceso é similar; a única diferenza é que as tarxetas de memoria corresponden co formato "microSD" e precisaremos un adaptador a SD para poder inserilas no ordenador.
Se non dispoñemos de adaptador ou se o noso ordenador non ten un porto para inserir tarxetas, sempre podemos conectar o teléfono ou a cámara por medio dun cable USB e poñer o dispositivo en modo "almacenamento masivo".

Outra maneira de importar imaxes é por medio dun escáner. Estes dispositivos "pasan a formato dixital" unha fotografía en papel ou calquera outro documento. O software para realizar esta operación depende, habitualmente, do fabricante do aparato. Como norma xeral, podemos utilizar un dos axustes predefinidos e a continuación obter unha vista previa na que decidiremos que parte da foto ou do documento queremos pasar ao disco duro e finalmente co botón "Escanear" ou "Dixitalizar" obtemos a imaxe.

Por fin, podemos buscar fotografías nos repositorios existentes na web ou en servizos como Flikr ou Panoramio, onde hai fotografías con licenzas libres para o seu uso.

Fotos  con licenza Creative Commons en:

  • Se dispós dun Pen Drive que conteña algunha imaxe, insíreo no equipo e copia unha imaxe a unha das carpetas que creaches na segunda sesión.. De non ser o caso, visita un dos lugares propostos e descarga unha imaxe. A que queiras.Indícalle ao navegador que a garde, como no caso anterior nunha das carpetas que fixeches.