Formatos de imaxe

As imaxes dixitais arquívanse en diferentes formatos; cada un deles ten avantaxes e inconvintes. O formato ven indicado pola extensión do arquivo, que usualmente vai ao final do nome, separada deste por un punto; exemplos: imaxe1.jpg; imaxe1.gif; imaexe1.png; imaxe1.tiff. A continuación veremos os máis usuais.

1.- O formato jpg. É o formato no que almacenan as fotos a maioría das cámaras dixitais. Ten unha relación axeitada entre tamaño/peso e calidade. É un tipo de imaxe con compresión con pérdida. iso significa que canto máis comprimimos a imaxe, menos pesará, pero tamén terá menos calidade. É ideal para imaxes de gran tamaño e fotografías. Non admite transparencia.

2.- O formato gif. Foi un formato moi popular nos comezos da internet por tres razóns principais: son imaxes de moi pouco peso, soporta transparencia e pódense crear gifs animados, simulando movemento.En contra: baixa calidade e unha paleta de 256 cores máximo (jpg pode manexar 16,7 millóns de cores).

3.-  O formato png. É un formato de compresión sen perda, ideal para imaxes formadas por grandes áreas de cor plana ou con poucas variacións de cor. Admite transparencia.

4.- O formato bmp. É propio dos sistemas Windows; caracterízase por ocupar bastante espazo, pero pode ter boa  calidade.

5.- Formato tiff. É un formato gráfico que xera arquivos grandes pero cunha boa calidade de imaxe e converteuse no formato padrón dos arquivos gráficos con elevada definición de cores.

Debaixo inclúese unha pequena galería de imaxes nas que se mostra a mesma imaxe gardada nos diferentes formatos e indícase o seu tamaño.

Icona iDevice

Formatos de imaxe

Mostrar BMP. 409,7 Kb imaxe
BMP. 409,7 Kb
Mostrar TIF. 409,9 Kb imaxe
TIF. 409,9 Kb
Mostrar GIF. 14,1 Kb imaxe
GIF. 14,1 Kb
Mostrar JPG. 7,2 Kb imaxe
JPG. 7,2 Kb
Mostrar PNG. 35,8 Kb imaxe
PNG. 35,8 Kb