De agasallo
GIMP ten unha utilidade magnífica para facer un logotipo ou un texto "impactante" en apenas un par de clics.
1.- Crea un arquivo novo.
2.- Escribe un texto. O que queiras.
3.- Menú "Filtros" -> "Alfa a logo..." e proba coas posibilidades que aparecen no menú. Podes conseguir efectos como os que te presentamos e máis. "Enreda" coas diferentes opcións de cada filtro e mira os resultados. Lembra que sempre podes "Editar" -> "Desfacer" ata obter o resultado apetecido.