Cambiar o tamaño
Escalar unha imaxe consiste en cambiar o tamaño; é dicir o número de píxeles que aquela ten tanto en horizontal coma en vertical. Deste xeito conseguimos que a imaxe teña un "peso" menor, sendo máis fácil utilizala na web, por exemplo.
O escalado dunha imaxe pódese facer de dous xeitos diferentes:
A) Mediante o menú de imaxe
1.- Menú Imaxe > Escalar imaxe...
2.- No cadro de diálogo seguinte, axustar os parámetros:
1.- O cadro verde (1) indícanos o tamaño actual da imaxe que queremos modificar.
Cambia os números ao teu gusto.
2.- A icona da cadea pechada (2), indica que o redimensionado da imaxe farase proporcionalmente tanto en horizontal como en vertical.
Proba a facer cambios coa cadea aberta e pechada para ver a diferenza.
3.- No depregable (3) podes elixir a medida na que queres facer o cambio: Píxel (px), porcentaxe, centímetros, milímetros...
Comproba como cambian os datos do cadro 1 segundo ti modifiques a medida.
4.- Preme o botón "Escala" para aplicar os cambios. Lembra que se non estás conforme co resultado podes recurrir á opción desfacer. Menú "Editar > Desfacer" ou atallo de teclado "Control + Z"
B) Mediante a barra de ferramentas.
1.- Na barra de ferramentas fai clic no botón "Escalar" Abrirase un cadro de diálogo semellante ao anterior, pero ademais veremos unha cuadrícula cuns tiradores mediante os cales podemos redimensionar a imaxe máis "visualmente". Para activar este sistema, despois de premer o botón "Escalar" fai clic na imaxe que estás editando e "tira" das esquinas para redimensionar a imaxe proporcionalmente, ou nos de arriba-abaixo e esquerda-dereita para facelo só ao ancho ou ao alto. Experimenta todas as posibilidades sen medo.