"Arreglar a imaxe"

Neste momento temos un ficheiro con tres capas; de abaixo arriba: Fondo, a capa de texto, e o recadro.

QUE SON AS CAPAS?

As capas podemos asimilalas a acetatos transparentes debuxados que podemos superpoñer sen que os que están debaixo sufran modificacións. Tamén podemos cambialos de orde no montón.
De igual xeito, as capas nos permiten combinar diferentes elementos nunha imaxe sen modificar os outros. No noso caso, podemos mover o texto ou o rectángulo libremente.

  1. Fai clic na capa de texto, de xeito que quede resaltada. Esa será a capa "activa", a que imos mover.
  2. Agora, na caixa de ferramentas, fai clic na icona e asegúrate de que na caixa de ferramentas, a esquerda, tes seleccionado "Mover a capa activa"
  3. Pulsa sobre o texto e móveo a outra posición. Fai o mesmo co rectángulo.

Unha vez vista unha das moitas utilidades das capas, imos "adornar" un pouquiño o noso traballo engadíndolle a cada unha das capas unha sombra.

  1. Selecciona a capa á que vas aplicar a sombra.
  2. Vai ao menú "Filtros" -> "Luz e sombra" -> "Sombra" acepta a configuración de sombra por defecto. Se non te gusta o resultado, podes voltar atrás no menú "Editar" -> "Desfacer". De feit, este menú o utilizaremos moi a miúdo para desfacer erros. Tamén se logra o mesmo premendo a combinación de teclas "Control + Z"
  3. Fai o mesmo coa outra capa ata que o resultado te satisfaga.
  4. Garda o traballo. "Ficheiro" -> "Gardar". Como xa gardaramos antes o ficheiro, non precisamos darlle un nome novo, a non ser que queiramos cambiar o tipo de arquivo.
  5. Como a imaxe está rematada, "Ficheiro" -> "Gardar como" e no tipo de arquivo poñemos  png ou jpg para poder insertalo en calquera web ou velo con calquera visor deimaxes.