Retirar unidades externas

Entendemos por unidades externas aqueles dispositivos de almacenaxe que se conectan ao PC por medio dun dos portos adicados a iso. Os máis comúns son os Pen Drives que poden almacenar varios Gigabytes (Gb) de datos como poden ser fotos, vídeos, música, etc. A capacidade destes aparellos varía, sendo o máis habitual capacidades de 2, 4, 8, 16 ou 32 Gb.

Estes dispositivos son recoñecidos, por norma xeral, polo noso ordenador en canto os conectamos ao mesmo.

O proceso máis seguo para retirar estes dispositivos unha vez rematado o traballo con eles é o que se indica a continuación.

  • Antes de retirar o Pen Drive, debemos asegurarnos de cerrar as aplicaciones que estaban gardando datos nel, como pode ser o procesador de textos, o reprodutor de música, etc. con esto evitaremos que apareza unha mensaxe dicindo que non se pode retirar.
  • O último paso consiste en facer clic na icona cunha frechiña verde que aparece na área de notificación de Windows (abaixo e á dereita na nosa pantalla) e seleccionar "Quitar Dispositivo..."; seleccionamos o dispositivo a retirar e esperamos pola mensaxe "É seguro eliminar o hardware", tal e como se amosa na secuencia de imaxes inferior.

 

  1.  

 

  • O mesmo proceso en Linux consíguese facendo clic co botón dereito do rato sobre a icona do Pen Drive e seleccionando "Extraer unidad de forma segura". Poderemos desenchufalo en canto a icona desapareza do escritorio.


  • Inserta un Pen Drive, espera a que o ordenador o recoñeza e navega polo seu contido, se o ten.
  • Extrae o disco USB segundo o proceso indicado máis arriba