Peche de sesión

Cando rematamos de interactuar nun sitio web, é importante pechar a sesión; NON vale simplemente con pechar a ventá do navegador, é preciso que fagamos clic na icona ou na ligazón que fai efectivo o peche da nosa sesión de usuario.

O dito anteriormente non ten excesiva importancia se estamos a utilizar o noso ordenador na casa, pero resulta vital cando usamos un equipo que é compartido por moitas persoas (ordenador da sala de profesores, da aula de informática, nun cibercafé, etc.) Se non cerramos explícitamente a sesión, a persoa que utilice o ordenador xusto despois que nós, pode atoparse cos nosos datos, correos ou a información que tiveramos en pantalla no momento de deixar o aparello.

No mesmo caso dos equipos compartidos, debemos rexeitar sempre a suxerencia de gardar o contrasinal que nos fai o navegador;  é cómodo se temos un ordenador en exclusiva, pero no caso contrario, hai que pensar que calquera podería entón acceder ás contas protexidas con dito contrasinal.

Exemplos de botóns de peche de sesión.

  1. Correo da Consellería de Educación. 
  2. Botón depeche de sesión en Xade.
  3. Ligazón de peche de sesión en Gmail.

  •  Entra na conta de Gmail que creaches no apartado anterior e pecha a sesión correctamente.
  • Entra nos diversos servizos que ofrece a Consellería de Educación, como o correo electrónico, Xade ou a rede profesional Redeiras. Localiza o botón de peche de sesión e sal das aplicacións.