O contrasinal
A elección do contrasinal de acceso é moi importante porque é a que en boa medida garante a confidencialidade dos nosos datos en Internet.
Moitos sitios web, como veremos no exemplo de creación dunha conta en Gmail, indícannos a "fortaleza" do contrasinal a medida que o imos escribindo. Canto máis forte, mellor.
Como regra xeral, un contrasinal seguro debe reunir os seguintes aspectos.
- Ter una lonxitude mínimima de seis caracteres; se son oito, mellor.
- Combinar maiúsculas, minúsculas, signos e números.
- NON incluir o nome de usuario nen nomes de familiares ou datas significativas.
- Non deben ser palabras que se atopen nun diccionario.
- Para o usuario tamén debe ser doado lembrala.