A aula TIC

Pódese considerar a aula TIC como o primeiro paso para a integración das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nas aulas, pasando da "aula de informática" á "informática nas aulas.

Consideraremos un aula TIC aquela que conte co seguinte equipamento mínimo: un PC, sexa portátil ou de sobremesa, cos periféricos precisos: rato, teclado, altofalantes e impresora. Os equipos portátiles adoitan levar integrada, tamén, unha cámara web. A este equipamento pódeselle engadir, de ser o caso, un proxector e unha pantalla. Nos casos de aulas Abalar atoparemos outros elementos, como son un proxector de curta distancia, un EDI ou PDI (Encerado ou Pizarra dixital Interactiva), o portátil do profesor, os netbooks do alumnado e o armario de carga.

Elementos básicos dun aula TIC

Elementos básicos dun aula TIC

 

Icona iDevice

Elementos dun aula Abalar

Mostrar Portátil do profesor imaxe
Portátil do profesor
Mostrar Netbook do alumnado imaxe
Netbook do alumnado
Mostrar Video Proxector imaxe
Video Proxector
Mostrar EDI  imaxe
EDI
Mostrar Armario de carga imaxe
Armario de carga
Mostrar Interior do armario de carga imaxe
Interior do armario de carga
Mostrar Caixa de conexións. imaxe
Caixa de conexións.