@edu.xunta.es

O acceso aos diversos servizos telemáticos que ofrece a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria realízase a través do dominio "@edu.xunta.es". O noso enderezo de correo electrónico é moito máis que iso; é a porta de entrada a aplicacións como Xade, concurso de traslados, xestión de datos persoais, formación en Platega e consulta de actividades de formación en Fprofe, etc. Aínda que para o correo electrónico utilicemos contas distintas á que nos proporciona  a Administración Educativa, esta é de suma importancia, polo que convén facer algunhas recomendacións:

  1. O contrasinal é absolutamente persoal e intransferible, polo que ninguén agás nos debe coñecelo. O contrasinal non se di nin se "empresta".
  2. Para que o contrasinal faga correctamente o seu traballo, debe reunir os requisitos xa comentados anteriormente e que repetimos:
    • Debe ter unha lonxitude de 6-8 caracteres, misturando letras, números e caracteres diferentes (signos como "="; "?"; "%", "-", "_")
    • Nunca debe ser unha palabra que se poda atopar nun diccionario; estes constrasinais poden ser descubertos con facilidade.
    • Non debemos utilizar datas  ou iniciais relacionadas con nós u co noso entorno máis próximo.
    • Se o navegador nos pregunta se queremos que lembre o contrasinal, diremos que non. Do contrario, calquera podería acceder á nosa conta só con saber o nome de usuario, o que é bastante común.
    • A conta de usuario corporativa debe ser utilizada unicamente para acceder a estes servizos, e evitaremos utilizala para darnos de alta noutras páxinas que precisen rexistro para acceder.
    • Ignoraremos sempre os correos e as mensaxes de orixe descoñecida que nos soliciten os nosos datos de usuario (aplícase como medida de seguridade para calquera conta).

Para utilizar a nosa conta deberemos introducir só o nome de usuario (o que vai á esquerda de  @edu.xunta.es;); escribir o contrasinal, tendo en conta que non vemos o que escribimos senón uns puntos; procedemento estándar que ten a finalidade de protexer o contrasinal de miradas alleas, e prememos "Entrar".

A ventá de acceso aos diferentes servizos web é sempre a mesma, coa excepción do acceso ao novo correo corporativo, que pode presentar outra. Vémolas.