Creación dunha conta de usuario
A continuación imos crear unha conta de usuario. Seguiremos o proceso paso por paso. Utilizaremos GMail, de Google, porque é un caso típico de como unha conta de correo e un contrasinal facilítanos o acceso a unha chea de servizos.
Habitualmente deberemos cubrir un formulario no que se nos pedirán certos datos; algúns son obrigatorios e outros non; son obrigatorios:
- Nome de usuario. É o que aparecerá na nosa conta de correo electrónico, antes do símbolo @
- Contrasinal. Deberemos escribila dúas veces para que o sistema se cerciore de que é a que quermos. No caso de equivocarnos e que non coincidan, avisaranos.
- Nome e Apelidos.
- Data de nacemento
- Sexo
Outros campos non son obrigatorios, a excepción da cadradiño no que dis que aceptas a política e termos de uso de Google e o Captcha, que consiste nun recadro no que aparecen un par de palabras, deformadas e difíciles de ler, que permiten determinar que quen está facendo a solicitude é humano, e non outro ordenador cun sistema automatizado.
Despois de cubrir estes datos, pasas a dúas pantallas que, se queres, podes deixar tal como están e clicar en "Siguiente"; a conta de correo e de usuario dos servizos de Google está lista.
- Fai clic nesta ligazón ou na imaxe e crea a túa conta de usuario de Gmail.