Apagar equipos
O apagado dun equipo débese facer utilizando sempre o menú de apagado con que contan todos os sistemas operativos, sexan Windows, Linux ou Mac; deste xeito nos aseguramos de que todos os procesos finalizan correctamente e preservamos a integridade dos datos que contén o equipo. Ao finalizar este proceso interrómpese automaticamente a alimentación eléctrica.
Secuencia de apagado en Windows XP.
Secuencia de apagado de Windows 7.
Como podemos ver, en Windows debemos facer clic no botón de INICIO situado na parte inferior esquerda da pantalla e despois premer en "Apagar" unha (Windows 7) ou dúas (Windows XP) veces.
No sistema operativo Linux instalado nos equipos Abalar o proceso é similar. A continuación vemos unhas capturas de pantalla.
1.- Facer clic na icona superior dereita da pantalla coa imaxe dun interruptor e no desplegable, clic en "Apagar".
2.- Clic no botón "Apagar" do cadro de diálogo seguinte.
NOTA: Existen diferentes "distribucións" de Linux e distintos xogos de iconos, polo que haberá que buscar o que corresponda en cada caso. Adoita estar sempre no mesmo sitio.
- Pecha o navegador que esteas utilizando e apaga o equipo seguindo o procedemento indicado, segundo o teu Sistema Operativo.