Acceso seguro

A popularización dos accesos de banda ampla a Internet facilitou tamén a aparición de servizos web que permiten realizar múltiples operacións a través da web. Sirvan de exemplo as contas de correo web, o proceso do concurso de traslados, a xestión de centros a través de Xade, a posibilidade de comprar por internet, ou consultar as contas bancarias, entre outros moitos. Todo isto xenera un inxente tráfico de datos, e moitos deles moi apetecibles para os amigos do alleo, como as claves de acceso ao banco ou os números das tarxetas de crédito, por exemplo.

Que podemos facer para previr que nos rouben datos importantes? 

  1. Verificar que accedemos a unha páxina segura. O navegador web informaranos mediante un signo de un candado ou similar, e sobre todo, porque na barra de direccións  veremos que esta comeza por https:// en vez de http://. Nas imaxes podes ver como implementan este dato os navegadores Google Chrome e Internet Explorer 9.

    No caso de Mozilla Firefox, un dos navegadores máis utilizados, a información de seguridade aparece cando facemos clic no botón que está xusto ao lado de https:// e que pode ser gris, se a páxina non facilita ningún tipo de información, azul se da información básica ou verde se da información completa.
  2. Utilizar os teclados virtuais se están disponibles no sitio que visitamos, desta maneira podemos evitar que programas espia capturen (rexistren) as teclas que prememos.
  3. Na medida do posible non seguir ligazóns para acceder a estes sitios e teclear a dirección.
  4. Non  enviar nunca, en ningún formulario, o nome de usuario e o contrasinal. Nin o noso banco, nin a Xunta, nin Facenda, ningunha entidade seria nos vai pedir nunca o nome de usuario e o contrasinal.