Estratexias de procura e localización

A procura e selección ou "curación" de contidos é o proceso de seleccionar, agrupar e clasificar a información situada en distintos sitios da Web. A selección de contidos é o feito de filtrar esta información e categorizala para poder facer uso dela e compartila dunha forma realmente sinxela.

En educación é interesante utilizar a procura e selección de contidos como método para apoiar e orientar o proceso de aprendizaxe estimulando aos estudantes, favorecendo o traballo colaborativo e axudando os estudantes na organización e estruturación da información. O docente, como Curador de Contidos “Content Curator”, investiga e recompila a información que existe en Internet sobre un determinado tema. Posteriormente selecciona, filtra criticamente e aporta valor engadido ao contido que considera máis relevante para a súa comunidade: estudantes e outros profesores. Interactúa con esta infografía para afondar nas distintas fases de curación de contidos dixitais

Equipo de creación deste curso. Estratexias de procura e localización. Curación de contidos. CC BY-NC-SA

A continuación mostramos algunhas ferramentas de selección ou curación de contidos. A característica común a todas elas é que facilitan en maior ou menor medida as fases indicadas na anterior infografía. As actuais aplicacións son versátiles, flexibles e bastante completas, permitindo distintos usos e con diversas funcións.

Equipo de creación deste curso. Ferramentas de selección ou curación de contidos. CC BY-NC-SA