TIC, TAC e TEP

Teño unha dúbida! Cando nos referimos ao uso das novas tecnoloxías nas aulas empregamos indistintamente os termos TIC ou TAC, pero... son sinónimos? Pódense usar de xeito análogo? Contra, isto parece máis un reloxo que algo educativo!

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) son o resultado de poñer en interacción a informática e as telecomunicacións, co fin de mellorar o procesamento, almacenamento e transmisión da información. Porén, as TAC, Tecnoloxías da Aprendizaxe e do Coñecemento, como indica Roser Lozano “tratan de orientar as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) cara a uns usos máis formativos, tanto para os/as estudantes como para o profesorado, co obxectivo de aprender máis e mellor". Trátase de incidir especialmente na metodoloxía, nos usos da tecnoloxía e non unicamente en asegurar o dominio dunha serie de ferramentas informáticas. Supón, en definitiva, coñecer e explorar os posibles usos didácticos que as TIC teñen para a aprendizaxe e a docencia. Noutras palabras, as TAC é a práctica das TIC na educación e o proceso de integración tecnolóxica no sistema educacional chámase TEP.


Inf. TIC, TAC e TEP

Equipo de creación deste curso. As TIC. CC BY-NC-SA